CONTÁCTANOS SI QUIERES UNA REHABILITACIÓN ASÍ

Mellor que novo.
Rehabilitación completa de casa en Muros.

Como empresa de reformas con máis de 30 anos de experiencia, comprácenos presentar un dos nosos últimos proxectos de rehabilitación integral. Este proxecto exemplifica a nosa filosofía de que «renovar o teu fogar é renovar a túa vida».

Nesta casa situada en Louro, na entrada da ría de Muros e Noia, revivimos unha vivenda completa, aproveitando os elementos tradicionais, conxugándoos cun deseño moderno e materiais de alta calidade.

interior-ruinoso.jpg

O inicio do proxecto

Neste proxecto partimos dunha vivenda cunha fantástica localización pero que atopamos en moi mal estado, case ruinoso, á que, tras sometela a unha rehabilitación integral, quedou integrada totalmente no ambiente e converteuse no refuxio ideal de escapadas e vacacións para unha afortunada familia.

Beneficios e melloras principais

COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

Accións cotiás para fomentar o desenvolvemento sostible

NOVOS ILLAMENTOS: MELLORA ACÚSTICA

comodidade e saúde para a ocupantes

OPTIMIZACIÓN ENERXÉTICA

máximo rendemento co menor consumo posible

FONTES DE ENERXÍA LIMPAS

Diminución na emisión de gases nocivos á atmosfera

AFORRO ENERXÉTICO EN FACTURA

Aforrar na factura da luz é posible

HOGAR CONECTADO E DOMÓTICA

Automatización e control intelixente da vivenda

AUMENTO DO VALOR DA PROPIEDADE

Revalorización da súa casa para posibles vendas

Traballos realizados neste proxecto

ALBANELERÍA

Alicatados, tubos de fontanería e calefacción, pavimentos...

FONTANERÍA

Instalación baños e cociña, pratos de ducha, lavabos, vertedoiro...

CALEFACCIÓN

Instalación e montaxe de radiadores, caldeira, chaves, termostatos...

PINTURA

Aplicación de pintura en teitos e paredes, vernices, lixado previo...

ELECTRICIDADE

Nova instalación eléctrica, puntos de luz, tomas, enchufes...

CARPINTERÍA

Portas interiores e exterior de seguridade blindada, burletes...

CONTACTA SE QUERES UNHA REFORMA ASÍ

OFICINAS CENTRAIS:

C/ Río Camba Nº 6 baixo 6. 32001, Ourense

ALMACÉN:

C/ Camiño Caneiro Nº 13 baixo. 32004, Ourense