Logotipo Inca Ourense - Reformas y rehabilitación

CONTACTA CON NÓS SE QUERES REFORMAR OU REHABILITAR A TÚA CASA

Mellor que novo.
Reformas e rehabilitacións desde Ourense para toda Galicia.

Dálle unha nova vida á túa casa, restaura o antigo fogar da túa familia ou aforra optimizando recursos e consumos enerxéticos.

Aproveita as múltiples vantaxes da rehabilitación: aforra no prezo de compra, revaloriza a túa propiedade, evita despilfarros en gas e electricidade…en definitiva, gana en calidade de vida modernizando a túa vivenda.

O TEU PROXECTO CHAVE EN MAN

Axudámosche en:

Fontanería, Climatización e Calefacción

O mellor sistema para o teu novo fogar reformado: aerotermia, bomba de calor, geotermia, pellets, biomasa, acumuladores...

Carpintería Interior e Exterior

Portas, xanelas e traballos en madeira para obter o mellor illamento acústico, térmico e non sufrir diminucións de enerxía e gastos.

Albaneleria completa

Desde tabiques ata acabados, alicatados, pavimentos cerámicos, enlucido de paredes, placa de xeso-cartón,....

Electricidade, Seguridade e Domótica

As últimas tecnoloxías para ter a túa casa conectada e protexida. O teu consumo en tempo real para conseguir optimizalo.

ejemplos de reformas en Galicia

MÁS DE 20 ANOS CONSTRUÍNDO CONFIANZA

Tras máis de 20 anos axudando a empresas e particulares nas súas instalacións de climatización, calefacción, enerxías renovables e eficiencia enerxética, poñemos a nosa experiencia ao teu servizo para lograr que as túas reformas e rehabilitacións cheguen a bo porto grazas ao noso coñecemento de todos os procesos e tarefas necesarias.

Como exemplo, a continuación podes ver unha pequena mostra das empresas que confiaron en nós:

ALGÚNS EXEMPLOS DOS NOSOS PROXECTOS

Reformamos a túa casa antiga paso a paso, saberás se é posible comprar unha casa en ruínas para reformar, se se pode rehabilitar unha vivenda declarada en estado ruinoso e as distintas opcións posibles para restaurar unha casa de pobo tras a nosa valoración.

Descobre o proceso para realizar unha reforma integral do teu piso, o diñeiro que terías que investir e o aforro que xerarás grazas á optimización dos sistemas de illamento, climatización, calefacción e auga. Coñece o prezo por metro cadrado típico que adoita custar unha rehabilitación completa dunha vivenda, desde un pequeno estudo de 40 m2 ata un piso de varias habitacións de máis de 150 m2.

Por que confiar en nós?

1. Solución a medida.
Adaptados á túa necesidades e orzamento. 
2. Comunicación directa.
Sen intermediación, con posibilidade de cambios durante a execución.
3. Sen incremento de custos sobre o contratado.
Axusta o teu orzamento ao teu diñeiro dispoñible.
4. Prazos definidos.
Non se incremente o día de finalización senón modifícase o traballo para realizar.
5. Equipo experimentado.
Más de 20 anos no sector, afrontando proxectos similares.
6. Compromiso.
Velar polos detalles para non xerar ningunha situación de conflito.

CONTACTA SE QUERES UNHA REFORMA ASÍ

OFICINAS CENTRAIS:

C/ Río Camba Nº 6 baixo 6. 32001, Ourense

ALMACÉN:

C/ Camiño Caneiro Nº 13 baixo. 32004, Ourense

Que opinan os nosos clientes?